28 de fevereiro de 2006

TEXTO DE XOÁN GUTIÁN PARA A HOMENAXE Ó ZECA (enviado a Viriato Teles)

Amigo Viriato, amigos do Zeca: Foi alá polo ano 1972. Moi poucos na Galiza sabían do Zeca e moi poucos coñecían a realidade dura e triste de Portugal. En maio daquel ano chegou a Compostela da man do Zeca un ar novo que nos falaba de liberdade, de solidariedade, de paz. Sobre o escenario do Burgo das Nacións cantou por vez primeira en público oseu "Grândola".¡Que lonxe estabamos de saber o que esa canción significaría no futuro! Pero, ¡que cerca sentimos aquela tarde ó pais amigo,a súa realidade, o seu combate!. Foi a vosa canción, pero tamén foi para sempre nosa.Tiña eu 17 anos e non esquecerei nunca aquel día. A voz do Zeca, transparente e luminosa, marcou para sempre a miña traxectoria persoal:Portugal, quer dicir os portugueses (que non hai máis patria que os homes),converteuse xa para sempre nunha constante na miña vida. Foi o mellor regaloque recibín e nunca poderei pagar a débeda que teño contraída.Pasaron logo moitas cousas..A vida dá moitas voltas e eu pasei de ser o mozo deslumbrado pola voz e a poesía do Zeca a ser "o home do armario"... Zelia,Joana e Pedro saben do que falo. Nunca esquecerei. Agora, cando teño dúbidase cando me sinto triste, pego na viola e canto...Sempre Zeca. Seguirán existindo miserias, explotacións, crimes e torturas -existe Guantánamo, por citar un caso- pero o futuro vai ser moito mellor porque andan polo ar as notas das cancións do Zeca, a súa voz, a súa palabra, quenos axudan a saber que o mundo será, máis cedo que tarde, unha cidade sen muros ne ameias.E cando as cousas van mal, cando o pao que comes sabe a merda, o que faz falta é lembrar ó Zeca: cantor, amigo e mestre. Obrigado polos esforzos que facedes mantendo viva a memoria dun artista irrepetible e dun cidadán exemplar.Desde Galiza, unha aperta forte do amigo Xoán Guitián - Facultade de Química-BibliotecaAvda. das Ciencias, s/n15782 - SantiagoTlf: 981.563100-Ext.14275Mobil: 696557582E-mail: xguitian@hotmail.com

Leave your comment