29 de abril de 2006

Aconteceu na Galiza...



No passado dia 25, na Fundación Caixa Galicia na Coruña, o Colectivo Urbano Lugrís rendeu uma homenagem a José Afonso e lembrou o 25 de Abril. Aqui fica o texto de apresentação desse evento. Embora nunca seja tarde para dar a conhecer estes eventos, pedimos desculpas pelas nossa distracção que nos impediu de publicitar este acontecimento a tempo e horas.



O 25 de Abril do ano 1974 mudou o panorama político e social de Portugal. Producíuse unha revolución liderada por capitáns do exercito que foi coñecida no mundo enteiro pola “Revolución dos caraveis”. Revolución apoiada polo pobo e que puso fin a 50 anos de dictadura. Deu paso non somentes á democracia, senón tamén á descolonización de Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea Bissau, S. Tomé e Príncipe e Timor.


Ún dos protagonistas fundamentais neste proceso foron os cantautores e, particularmente, a voz e o compromiso de José Afonso.


Por elo o Colectivo Urbano Lugrís quere rendir homenaxe a José Afonso e lembrar os acontecementos do ano 74. A influencia que o cantautor tivo co movemento da canción galega e os seus integrantes.


E que millor que os proprios protagonistas para profundizar no tema. Contaremos coa presencia de dous dos fundadores e amigos de Jose Afonso, como foron Benedicto e Miro Casabella. Tamén estarán con nós os fundadores do grupo Fuxan os Ventos, actualmente integrantes do grupo A Quenlla; Mini e Mero.


Cada un deles contribuiu á toma de conciencia da nosa sociedade nuns momentos que cantar canción social era perigoso pola dictadura franquista. O seu compromiso servíu para que amplas capas sociais tomaran conciencia da represión imperante naqueles momentos e polo tanto convertéronse en “Voces Ceibes” que o pobo precisaba para seguir loitando contra as inxustizas.



Para saber mais sobre o Colectivo Urbano Lugris
http://www.colectivourbanolugris.org/

1 Comment:

Anónimo disse...

1-Vejam bem...diz-nos a Galiza! O Zeca continua a ser daquelas paragens...porque estar vivo é ser lembrado pela obra e pelo exemplo;
2-O que faz falta...disseram-nos as gentes ( sobretudo o "pessoal da pesada") de JOANE, FAMALICÃO, ontem dia 29 na Associação-Teatro Construção. Falou-se do Zeca, de Abril e de tudo que nos apeteceu. Depois cantou-se o que estava previsto até aparecerem os bombos. A partir daí cantou-se ainda mais!
Há (muitos) dias assim!Se quisermos!