Este disco procede da restauração e digitalização das gravações que se fizeram no festival “Galiza a José Afonso”, que congregou quase 20.000 pessoas no parque de Castrelos de Vigo em Maio de 1985.
Versões: "Menino do bairro negro", "Cantigas do Maio", "A morte saiu à rua", "A mulher da erva" e "Grândola, vila morena".
Edicións do Cumio, 2000
Link para ouvir excertos de algumas faixas: http://www.ghastaspista.com/historia/gz-afonso.php
O 10 de maio de 1972 José Afonso actuaba en Santiago de Compostela, como parte da súa primeira xira por terras galegas na que pasou tamén por Ourense e Lugo. No Burgo das Nacións, cantaba, por primeira vez en directo, a canción que dous anos despois, o 25 de Abril de 1974, convertíase en himno e consigna da Revolución dos Caraveis, "Grândola Vila Morena".
Jose "Zeca" Afonso foi todo un exemplo a seguir, facendo música de calidade con raíz na cultura da súa terra, e con contido comprometido coa realidade político-social da época.
A estreita relación que tivo con Galiza (que deu lugar a innumerabeis concertos) pode sentirse escoitando a súa interpretación musical do "Achégate a Min Maruxa".
O seu último recital no país foi en Vigo, en 1981. E foi precisamente en Vigo, no auditorio de Castrelos, o 31 de agosto de 1985, onde se xuntaron case vinte mil persoas, nun concerto homenaxe que durou máis de doce horas: Poetas, músicos, escritores, admiradores e amigos do cantautor portugués participaban nun acto que, ademáis de ser un encontro entre galegos e portugueses (sen faltar representación do Timor Leste) tiña entre os seus obxectivos xuntar cartos pra axudar ao cantautor portugués que loitaba contra unha doenza que finalmente o levaría á morte.
O resultado desta maratón cultural que remataba co Grândola Vila Morena, previa actuación do grupo de maior resonancia da época -Fuxan Os Ventos-, foi grabado nun disco, GALIZA A JOSE AFONSO, con beneficios destinados a Aja (Associaçao José Afonso)
Leave your comment
Enviar um comentário