31 de maio de 2006

CATARSIS CÍVICA COLECTIVA

Cando se cumplen 75 anos do nacemento de José Afonso, puxemos en marcha a iniciativa de pedir do Concello de Santiago, na persoa do seu Alcalde, que se dedique unha rúa ou praza á memoria do cantor portugués. En Santiago porque, entre outras moitas razóns, foi aquí, na cidade que tanto amaba e na que se sentía entre amigos, onde estreou, dun xeito casual, a “Grândola, vila morena”, o 10 de maio do 72.En quince días, e sen máis soporte que internet, lévanse recollidos perto de dous milleiros de sinaturas, a razón de máis de cen cada día, algo inusual neste tipo de propostas. Tanto que obriga ós promotores a prorrogar ata o 10 de xuño a recollida de apoios, que chegan de Goa, Brasil, Uruguay, Macau, tódolos países da U.E. e, naturalmente, Portugal e Galicia. Políticos como o Presidente de Asturias, Vicente Álvarez Areces, Xosé Ml. Beiras, Anxo Guerreiro, Camilo Nogueira, cantores como Daniel Viglietti, Zé Mário Branco, Luis Cilia, Sérgio Godinho, Quico Pi de la Serra, Marina Rosell, Uxía, ou tódolos ex-“Voces Ceibes” apoian a iniciativa, pero tamén campesiños, profesores de tódolos niveis educativos e o seus compañeiros de estudio e ex-alumnos para quenes, como para tantos outros, o contacto con el significou un antes e un despois nas súas vidas. Zélia, a súa viúva, estivo estes días por aquí para transmiti-lo apoio, o afecto e cariño que a familia Afonso sente nestes momentos.
Na dirección:
http://www.ghastaspista.com/novas/ruazeca.php#asinar pódese acceder a ve-las adhesións e os comentarios, moitos deles auténticas catarsis emocionais.
Benedicto García Villar 30/V/06

Leave your comment