16 de junho de 2006

UNHA RÚA PARA ZECA AFONSO - 3.021 SINATURAS

Foron, nada máis e nada menos que 3.021 as adhesións que chegaron nestas catro semanas ata nós a través de internet. Xentes de todo lugar e condición que transmitiron o seu apoio inequívoco a JOSÉ AFONSO e todo o que el signicou e segue a significar.

Agora queda un primeiro traballo de "peinado" (para eliminar duplicidades, que as hai) e a continuación queremos facer varias cousas:

- Por unha banda, e como primeiro paso, levarlle o "dossier" ó Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e facer patente e oficial a petición. Podemos adiantar que xa tivemos algún contacto informal con el e manifestou unha disposición óptima para a nosa petición. Tamén podemos indicar que entre os asinantes está o ex-alcalde, Xerardo Estévez.

- En segundo lugar lanzar a idea desde xa, contemplada en moitos comentarios, de que se tomen iniciativas similares en toda Galicia e fóra dela (Asturias, Extremadura, etc.) demostrando en vivo e en directo o carácter internacional e internacionalista - "por encima de tódalas fronteiras, por encima de muros e balados..." que dicía Celso Emilio - que a figura do Zeca representa.

- Ademais, e dado o enorme peso e contundencia das adhesións procedentes de Portugal, facer chegar ó Governo Portugués e ós Presidentes das Cámaras máis importantes do país e con máis relación con José Afonso este mesmo dossier.

- Ao mesmo tempo animamos ós irmáns portugueses que tomen iniciativas similares alí, seguro que máis de unha prosperará.

Incluímos, para rematar este ponto e seguido, que non final, estes comentarios:

Nome: Teresa Potugal
Concello: Coimbra Portugal
Profesión: DeputadaC
Comentarios:

Fomos grandes amigos. Estou emocionada.O meu marido, António Portugal acompanhou-o á guitarra.Parabéns á Galiza.

Nome: Lena Afonso
Concello: Leiria
Profesión: Educadora
Comentarios:

"Cidade, sem muros nem ameias..."Zeca, cidadão português, galego, do mundo, que cantou a "Grândola" em público pela primeira vez em Santiago, estará nalgum lado, algures na nossa imaginação, a alegrar-se muitíssimo com esta homenagem (e a dizer:"Ó pá, se possível ao pé da catedral!!!").Um grande abraço, cheio de carinho aos seus companheiros, especialmente, claro, Benedicto e Arturo.

Nome: Vitor Parola
Concello: Coimbra
Profesión: Administ.Saúde
Comentarios:

O Zeca ficará para sempre na memória de várias gerações, até pq a algumas delas fez chegar como boa nova " o sentimento das palavras Liberdade, Igualdade, Fraternidade e Justiça" que ele tanto defendia . A Galiza já está de parabéns, se não for por mais, pq teve a iniciativa e mostra que comunga estes ideais. Agora a responsabiliade fica nas mãos de quem decide. Os actos e as acções ficam nas mãos de quem os pratica. Um abraço Fraterno.

Leave your comment