O próximo día 10 de maio ás 12 h. vaise proceder á inauguración dun espazo público na cidade de Santiago dedicado á José Afonso. O pequeno "Parque José Afonso" está situado nun lateral do Auditorio de Galicia, moi preto do pequeno lago.Ese día conmemoramos o 37 aniversario do 10 de maio de 1972, día no que o Zeca cantou por vez primeira en público "Grândola, vila morena" nun extraordinario recital que tivo lugar no desaparecido Burgo das Nacións, xusto onde hoxe está o Auditorio. Esta homenaxe da cidade a Jose Afonso foi promovida por un grupo de amigos do cantor, apoiada por tres mil persoas de todo o mundo e aprobada polo Pleno do Concello de Santiago.
1 Comment:
Era hora!!!
Emocionantes os textos das adhesions em
ghastaspista.com/novas/ruazeca.php
:´)
Enviar um comentário