Cantando e aprendendo temas do Zeca Afonso, de outros cantautores, música popular e temas escritos polo coro.
Somos poucos e non cantamos ben, e dicir, non somos en absoluto un coro profesional, nin tampoco é un obxetivo. Cantamos nun Café, quen quere pode vir a cantar ou a escoitar, as veces tamen a comer e beber.
O lugar de encontro é o CAFÉ UF en Vigo, Galiza.
Algúns dos temas do coro na paxina WEB:
http://www.nodo50.org/utopiaforo/LETRAS%20CORO.htm
PORQUE NO PEITO DOS DESAFINADOS TAMÉN LATE UN CORAZÓN
A canción ten dous elementos, a estética, máis coñecida, e outra máis
difícil, a ética. Se xuntamos ética e estética temos un bonito monstruo que
acompaña as luitas dos pobos.
Francisco Villa
As cancións vannos tranformando , incluso nos van metendo en líos. Un abre
un xornal, escribe algo indignado e logo remata o frente dunha
manifestación. A canción é unha grande escola a que todos nos debemos.
Sivio Rodríguez
Sempre se cantou, sen saber música, sen saber que existía a música, o pobo cantou. Nas segas e nas desfoliadas, nas labranzas e nas muiñeiras, mentres pescaba e mentres recolectaba, cando construia unha casa ou abría un camiño, cando nos asteleiros contruía barcos, ou cando nas cidades levantaba edificios. Cando amaba e cando luitaba, cando sufría e cando lecía, o pobo cantou. Sen saber o que é un compás, sen saber o que é a armonía, él cantou acompasado e ármonico, porque aquel son era a vida e esta sempre ten unha armonía aínda que sexa oculta. Viviu e morreu cunha canción nos beizos. Afinada ou desafinada esa canción conmoveu os corazóns. Cantoulle aos seus deuses e aos seus amores. Cantoulle aos seres queridos e aos seu dores. Cantoulle as súas patrias e aos soños que esas patrias resume. Camiño do cadalso, cantou. Camiño da liberdade, cantou. Nas cadeas e nas tabernas, nos templos e nos prostíbulos, nos túmulos e nos tálamos, sempre cantou. Os reis e príncipes, os señores, os aristócratas, os burgueses, as xerarquías eclesiásticas, buscaron profesionais para que lles cantaran. Fixeron o que sempre fan os poderosos: mercar en vez de crear, pagar en vez de sentir, comerciar en vez de cantar. Dende Homero até Dylan en vez de entonar prefiriron mercar gaiolas con canarios dentro. Pero o pobo seguiu a cantar, a viver e a cantar, a beber e a cantar, sempre a cantar. Despois os mercaderes de todo cadricularon o tempo e o espazo todo foi diñeiro e o cantar tamén foi codificado, regulamentado, mercantilizado. O cantar quedou relegado aos profesionais e aos aspirantes a selo, aos escenarios. O pobo que cantaba foi convertido no pobo que escoitaba, o pobo que creaba cancións foi convertido no pobo que mercaba cancións, o pobo que se unía para cantar, foi convertido en masa de solitarios para encher concertos.
Voltar a ser humanos, aínda que sexa nun cativo símbolico número. Voltar a ser humanos que cantan, uns máis afinados outros menos, como sempre se fixo.
Voltar a cantar todos, xuntos, muitos. Porlle música à vida, a todo o que na vida pasa, como sempre se fixo. E Botar ao mar a todos os profesionais, a todos os que nos calaron para que os escoitemos a eles e os enriquezamos, a todos os que comercian con cualidades que a vida puxo neles e que precisan do noso embrutecemento para brilar máis. A os que usurparon o noso espazo, a nosa voz, para pecharse en estudos de grabación e lanzar productos que nós temos que mercar para que eles poidan contruir as súas mansións. À merda cos profesionais, cos artistas autonombrados, cos creadores de fume. Que nos deixen desafinar en paz e amizade, que vale mil veces máis unhas cancións malamente cantadas en boa compaña que todo ese río de fecales CDs no que tentan afogar.
CORO ZECA AFONSO DAS VOCES VULGARES
Leave your comment
Enviar um comentário