25/XI/06
Día contra a violencia de xénero
Si, ti, que fostes tan covardemente agredida, tes que saber, tes que convencerte de que non todos somos coma el, que abusou da súa forza, física ou psíquica contra ti. Que estamos contigo agora, que te sentes sola e desamparada. Nós, a meirande parte dos homes, estamos contigo.
E estaremos ó teu carón para berrarlle a ese salvaxe que el non é teu dono, que ninguén é teu dono. Que o tempo da exclavitude, felizmente, pasou á historia. Que agora, sendo diferentes, somos iguais. E que seguiremos sendo iguais aínda que sexamos diferentes.
Claro que sabemos que non somos ninguén, que non somos nada, sen ti, sen vós. Que a nosa existencia só é completa e total coa túa existencia, coa vosa existencia, cos mesmos dereitos, coas mesmas obrigas, cos mesmos respetos. Que o noso maior tesouro, que o maior premio para nós, sodes vós.
Tes que convencerte de que é posible saír do pozo no que agora, neste preciso instante, pareces sentirte. Que outras moitas mulleres pasaron por situacións similares á túa e saíron. Coa axuda de todos, tamén coa nosa axuda.
Muller, non deixes pasar unha. Avisa á primeira; hoxe hai medios que están ó teu alcance e que todos, homes e mulleres, poñemos á túa disposición, para darche o auxilio que mereces e precisas .
Un bico moi forte, muller. Un home.
Benedicto García Villar

Leave your comment
Enviar um comentário